miércoles, 13 de junio de 2007
Para ver e aprender
Hoxe damos novas do bloge de tecnoloxía da profesora Teresa Mancebo. Nel atoparedes comentarios, arquivos de contidos, e propostas de traballo sempre moi interesantes e que obrigan a darlle ó caletre de veras. Resulta de moita utilidade, ademais de divertido. Non deixedes de visitalo.
martes, 5 de junio de 2007
Dismedireiche
Baixo este épigrafe daremos noticia, sempre que consideremos que son relevantes, de ferramentas e sitios web útiles e interesantes. Tamén teremos en conta aqueles que resulten divertidos. En moitos casos estes elementos quedarán vinculados no bloge para que poidan ser empregados por todos permanentemente.
Nesta primeira ocasión facemos referencia dunha páxina na que se poden traballar dun xeito interactivo contidos básicos de xeométría.Desde a páxina tamén se pode facer avaliación para comprobar os nosos adiantos.A dirección da páxina é a que segue: http://www.xtec.es/~epuig124/mates/geometria/seleccio.htm
Trevellos do caixon
Baixo esta denominación tentaremos provocar e estimular a imaxinación. Faremos propostas divertidas e sempre relacionadas coa realidade. Asi que sempre que vexades este título saberedes que se vos propón un exercicio para estimular a vosa capacidade de inventiva e estratexia. Animádevos e xa veredes que divertido resulta.
Para empezar propoñemos un exercicio relativamente doado. Para pensar.
Dámosvos tres números iguais e un resultado. O voso traballo consiste en poñer os signos matemáticos que consideredes con tal de que o resultado sexa o que se vos propón. Por exemplo:
2 + 2 + 2 = 6
Resulta doado, ¿non si?. Neste caso abonda con poñer tres signos + e xa está.
Facede o mesmo con todos os que veñen agora escollendo os signos que precisedes en cada caso:
1 1 1 = 6
2 2 2 = 6
3 3 3 = 6
4 4 4 = 6
5 5 5 = 6
6 6 6 = 6
7 7 7 = 6
8 8 8 = 6
9 9 9 = 6
¡A expremer o maxín! e ¡boa sorte!.
lunes, 4 de junio de 2007
Estamos a traballar
Axiña poñeremos neste sitio todo o que desde fai algún tempo vimos recollendo e creando para axudar e facer máis fácil aquilo que ten que ver co mundo diverso e case sempre distante das matemáticas. Veredes como non é tan difícil.Se dedicades un pouco de tempo chegaredes á conclusión de que as matemáticas resultan máis doadas do que tiñades pensado.!Ánimo¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)